Descargar Libro: Operacións Administrativas De Compravenda

Resumen del Libro

libro Operacións Administrativas De Compravenda

Este libro desenvolve os contidos do módulo profesional de Operacións Administrativas de Compravenda, do Ciclo Formativo de grao medio de Xestión Administrativa, pertencente á familia profesional de Administración e Xestión. Os contidos tratados correspóndense cos establecidos no currículo oficial vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 191/2010, do 28 de outubro. Operacións administrativas de compravenda aborda a actividade dunha empresa comercial. Comeza presentándolle ao alumnado a empresa segundo diferentes enfoques, como a forma xurídica ou o contorno onde se desenvolve a actividade empresarial, e continúa identificando a documentación que xera a actividade de compravenda e as obrigas do comprador e vendedor. Tamén analiza os custos derivados da xestión comercial, a tributación das operacións mercantís e o cumprimento das obrigas periódicas de presentar as declaracións da empresa na Axencia Tributaria. Deseguido, identifica os métodos de control de existencias, os tipos de stocks e a xestión de inventarios. Analiza os medios de cobramento e pagamento habituais na empresa, e os documentos xustificativos dos mesmos. Recoñece tamén a importancia da calidade do proceso administrativo e finaliza co desenvolvemento da xestión integrada de compravenda mediante unha aplicación informática. Cada unidade inclúe, ademais da explicación teórica necesaria, numerosas actividades propostas, resoltas, exemplos, táboas, figuras e cadros con información adicional, mapas conceptuais e actividades finais de comprobación, de aplicación e de ampliación. Así mesmo, achéganse numerosos documentos mercantís e outros documentos oficiais como contratos ou impresos de liquidacións fiscais, co asesoramento dos regulamentos e leis que rexen as actuacións empresariais, que de seguro contribuirán a acadar os obxectivos fixados ao inicio do estudo desta materia. En definitiva, Operacións administrativas de compravenda…

Autores del libro

Opciones de descarga

Si lo deseas puedes conseguir una copia de este libro en formato PDF y EPUB. A continuación te mostramos una lista de opciones de descarga directa disponibles:

Opinión de la crítica especializada

3.5

92 valoraciones en total